O alcalde xestiona a solución aos afundimentos de terreo na Avenida Médico Cebreiro

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalNeda
A-
A+

O alcalde, Ignacio Cabezón Lorenzo, mantivo unha reunión de traballo a semana pasada en Santiago co Xefe de Servizo Provincial da Axencia Galega de Infraestructuras, Antonio López. Na mesma, o rexedor solicitou a axuda da Xunta de Galicia para resolver os problemas que se rexistran na Avenida Médico Cebreiro ao seu paso baixo a ponte que cruza a autoestrada AP-9, onde a acumulación de auga procedente desta infraestructura ten provocado afundimentos na zona. Ante esta situación, o responsable autonómico comprometeuse a que o seu departamento ordeará unha visita de supervisión dos técnicos de forma urxente. E, así, valorarán in situ a problemática e poderán plantear unha solución viable.

Na mesma xuntanza, alcalde e responsable autonómico abordaron a posibilidade de que o Concello asuma a titularidade da Avenida Médico Cebreiro. A vía foi recentemente acondicionada, no ano 2007, co que practicamente non precisaría mantenemento. O alcalde asegurou que valorará esta posibilidade coa intención de convertir a vía nunha auténtica travesía urbana. Non só iso, o traspaso tamén traería consigo melloras para a veciñanza de Neda, xa que o Concello non tería que solicitar autorización da Xunta para calquer actuación na estrada: dende a tramitación de vados para garaxes que dan á travesía ata permisos para a ocupación da vía pública e mesmo obras como a execución de pasos de peóns ou cambios de sentido de circulación.

Iso si, o alcalde, Ignacio Cabezón xa avanzou que para asumir a titularidade da travesía a Xunta tería que dar luz verde a unha serie de compromisos previos, como o arranxo da estrada no tramo comprendido entre a ponte de Xubia ata a Mourela; o amaño da zona que suscitou a entrevista e a construcción de beirarrúas ata Fene.

2 de abril de 2013 | 17:27 • Sen comentarios

Comentarios pechados.