O alcalde felicita ao novo presidente da Confederación Empresarial de Ourense e o convida a traballar xuntos pola cidade
O alcalde de Ourense, Agustín Fernández, felicitou esta mañá ao novo presidente da Confederación Empresarial de Ourense, José Manuel Pérez Canal, e o convidou a traballar xuntos pola cidade. O alcalde participou xunto con Pérez Canal e outras autoridades nos actos de clausura da asamblea xeral da Asociación Galega de Feiras e Eventos, AGADE, e do Salón da Prevención e a Seguridade Laboral, Previsel, que tiveron lugar esta mañá en Expourense. O alcalde convidou expresamente ao novo presidente da patronal ourensá a visitar o Concello e manter unha primeira xuntanza nos próximos días para traballar pola cidade.
Fernández Gallego felicitou a Pérez Canal pola súa elección, no día de onte, como novo presidente da CEO. “O merece por representar a unha familia de emprendedores. Quen ía dicir que nun sector tan difícil como o de aceite, tan vencellado a Andalucía, unha familia ourensá sería unha empresa puntera”, sinalou Agustín Fernández.
O alcalde de Ourense animou ao novo presidente da CEO a “pelexar e loitar por Ourense, ao marxe das ideoloxías e dos partidos, en favor da cidade”











