O alcalde de Xove recibe a Noé Cabana, campión de España de fútbol sala

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesLocalXove
A-
A+
Entrega de agasallo ao campión español

Entrega de agasallo ao campión español

Hoxe, a última hora da mañá no Salón de Plenos do Concello,  o Alcalde Demetrio Salgueiro acompañado pola Concelleira de Deportes e Turismo Cristina Iglesias, recibiron no Salón de Plenos a Noé Cabanas Alemparte, rapaz de Xove que acaba de proclamarse campión de España de Fútbol Sala de Seleccións Autonómicas Base, na categoría infantil. Noel Cabana é porteiro da Selección Galega, e proclamouse campión de España no torneo celebrado do 5 ao 7 de abril deste ano en Oropesa del Mar.

Pola súa parte, o Alcalde felicitou a esta xove promesa do fútbol sala e animouno a seguir traballando para acadar novas metas.

24 de abril de 2013 | 16:06 • Sen comentarios

Comentarios pechados.