O alcalde de Ourense propón expoñer no Banco de España o arquivo de Enrique Reza

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalOurense
A-
A+

O alcalde de Ourense, Agustín Fernández, manifestou hoxe o seu desexo de recuperar e expoñer o arquivo gráfico do fotógrafo Enrique Reza, finado onte ós oitenta anos de idade. Esta exposición sería unha homenaxe de afecto e recoñecemento a este profesional, moi popular e querido na cidade, que soubo inmortalizar coa sua cámara unha boa parte da historia de Ourense entre os anos corenta e o final do pasado século.

Agustín Fernández considera que o arquivo de Reza pode constituir un documento gráfico irreemplazable da nosa historia recente, que debe ser recuperado, clasificado e exposto ó público. Un documento gráfico no se que recoñecerán milleiros de cidadans e familias ourensans por canto, perante corenta anos de profesión, o fotógrafo non solo recolleu en imaxes gran parte da actualidade e dos acontecementos da vida social, política e urbana de Ourense, senón tamén a vida diaria da xente.  

O alcalde, que nos vindieiros días trasladará esta proposta á familia de Enrique Reza e ó diario “La Región”, donde o fotógrafo desenvolveu toda a súa carreira profesional, considera que a pranta nobre do emblemático edificio do Banco de España sería o marco idóneo para esta exposición. O novo centro municipal de cultura do Banco de España, que nos próximos días abrirá o Concello -unha vez aprobado no Pleno municipal de abril o convenio de cesión- ten prevista unha primeira exposición dos fondos artísticos municipais e unha segunda sobre o “Ourense imaxinado”. A continuación –e sempre que houbera tempo para preparar e clasificar o material diponible- o Banco de España podería exhibir a mostra dos arquivos gráficos de Reza.

4 de abril de 2013 | 09:19 • Sen comentarios

Comentarios pechados.