O alcalde de Ferrol supervisa cos representantes veciñais as actuacións realizadas en Caranza

Rey Varela xunto a representantes veciñais
O alcalde de Ferrol, Jose Manuel Rey Varela, percorreu hoxe as rúas de Caranza dentro da serie de visitas que está a cursar a diferentes zonas do municipio con motivo do Plan de Barrios. O primeiro edil da cidade estivo acompañado nesta visita da concelleira de barrio, Rosa Martínez Beceiro, e do edil responsable da Área de Medio Ambiente e Urbanismo, Guillermo Evia Pérez; así como de representantes da entidade veciñal.
Rey Varela fixo un resumo das intervencións feitas estes últimos días en Caranza polos servizos municipais e empresas concesionarias que traballan para o Concello de Ferrol, valorando positivamente o funcionamento deste programa completo de actuacións, que “está permitindo que mellore paso a paso a imaxe da nosa cidade, visualizar o traballo das empresas da Administración municipal e cambiar para ben a percepción que a cidadanía ten dos servizos públicos que se financian co diñeiro de todos”. O rexedor ferrolán sinalou que en vindeiras datas se completará o Plan de Barrios do Goberno Municipal con outros dous programas especiais que tamén servirán para embelecer e poñer en condicións a cidade: o plan especial de instalación de papeleiras e o plan de pintado e sinalización viaria da zona urbana e rural.
No que atinxe ás actuacións acometidas en Caranza dentro do Plan de Barrios, estas foron:
1- EMAFESA
– 16 actuacións de mantemento das redes de abastecemento e saneamiento.
– 4 intervencións de control de calidade.
– 1 analítica extraordinaria de mostra tomada no Mercado de Caranza.
2- ALUMADO PÚBLICO
– Un total de 119 tarefas realizadas; con limpeza de columnas con pegatinas; reposición de tapas de arquetas e báculos; reparación de columnas. Ademais, substituíronse difusores, cadros e luminarias.
– En materia de alumado público traballouse nas seguintes rúas: Xosé Fontenla Leal, Enrique Granados, Alcalde Quintanilla, Avenida do Mar, Mestre López Dafonte, Tejeras, rúas das Vivendas de Bazán, Vila do Conde, Masaia, Vivendas Veciñais Avenida de Castelao, Lepanto, rúa Marqués Luís Requesens, Pardo Bazán e As Pías.
3- LIMPEZA E RECOLLIDA DE RESIDUOS
Leváronse a cabo as seguintes actuacións, en xeral en todo o barrio:
– Roce e chapeo, especialmente nos solares das Vivendas de Bazán e da Avenida de Telleiras.
– Lavado e baldeo de forma manual das beirarrúas. Baldeo especial na zona de Vila do Conde. Ademais, realizouse un baldeo mecánico polas rúas do barrio.
– Varrido mecánico, ademais do realizado semanalmente, reforzouse estes días.
– Limpeza de graffitis, realizado en prazas, lugares públicos, colectores de lixo e papeleras.
– Sumidoiros: limpeza e comprobación de funcionamento. Con especial atención ás rejillas do parque Fontelonga.
– Limpeza de contenedores e de papeleras. Así, como reparación ou sustitución dos danados.
– Colocación de suxeita-colectores nas zonas de Armada Española, Exército Español, Avenida de Castelao e Alcalde Quintanilla.
– Limpeza de vertederos incontrolados na zona da Chea.
4- ZONAS VERDES
– Realizados traballos de mantemento nun total de 121.420 metros cadrados de zonas verdes do barrio, con actuacións nas seguintes zonas: Avenida de Castelao, rúa Marqués de Santa Cruz, paso elevado do Bertón, rúa Lepanto, rúa Marqués Luís de Requesens, rúa Juan de Austria, zona próxima á Igrexa, rúa Pio V, rúa Lestonac, rúa Padre Feijoo, rúa Lope Figueroa, rúa Armada Española, rúa Sao Paulo, Parque Pedro Carvajal, rúa Cádiz, rúa Exército Español, Praza Mestre Malde, Parque García Sabell, rúa Pardo Bazán, zona colindante ao Campo de Fútbol, Parque Fontenla Leal, rúa Enrique Granados, rúa Alcalde Quintanilla, Torres (1,2 e 3), Parque Fontelonga, rúa Vila do Conde, rúa Masaia, Veciñais (1,2 e 3), rúa Cuco Ruíz de Cortazar, zona do colexio Manuel Masdías, Avenida do Mar/Cuco Ruiz, rúa Fonte dá Greza, rúa Telleiras, Praza Casas de Bazán, Zona verde Telleiras, Avenida de Bazán, Urbanización Fase 5º, mediana Paseo Marítimo.
– Actuacións de poda: A Asociación de Veciños entregou fai uns meses un completo dossier coas necesidades de poda e apeo demandados no barrio. Realizáronse todas as peticións nas semanas posteriores á súa entrega. Ademais, esta semana, coincidindo co Plan de Barrios interveuse en 3 exemplares na rúa Marqués de Requesén, que consistiron no acortamiento das ramas que se dirixían contra a fachada dos edificios.
5- PARQUES INFANTÍS E BIOSALUDABLES
– Executáronse traballos de revisión, limpeza, pintado, reparación e reposición de elementos nas doces instalacións existentes en Caranza: Parques Biosaludables do parque da ermida e Pío V; e Parques Infantís de Telleiras, Avenida de Castelao, Juan de Austria-Pío V, Vila do Conde, Fontelonga, Vecinal 3, Pedro Carvajal, Paseo Marítimo, Fontenla Leal, Lope de Figueroa,…
6- ACTUACIÓNS EN VIALES E BEIRARRÚAS
Leváronse a cabo 24 actuacións en total, máis concretamente:
– 15 reparaciones en calzadas de aglomerado (4 na rúa Armada Española; 2 Exército Español e 9 en rúas das Vivendas de Bazán).
– 1 actuación de calzada de formigón no acceso ao Centro Cívico.
– 7 intervencións en beirarrúas (6 na Avenida de Castelao e 1 en Masaia)
– 1 colocación de sinal de ceda o paso na rúa Exército Español.
7- POLICÍA LOCAL
– Reforzo da presenza policial, con dous axentes polas rúas do barrio desde o luns 15 ao mércores 24. Os axentes cursaron 47 denuncias de tráfico (37 delas en controis) e 9 informes.











