O alcalde de Ferrol agradece a José Manuel Vilariño o seu traballo e dedicación ao concello
O alcalde de Ferrol, Jose Manuel Rey Varela, destacou hoxe a labor realizada e a dedicación de Jose Manuel Vilariño Anca ao Concello de Ferrol na despedida deste como concelleiro. trala súa recente designación como presidente da Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao. “Agradézolle os servizos prestados á Corporación Municipal e a súa dedicación a esta casa”, dixo o primeiro edil da cidade.
Así mesmo, Rey Varela trasladou a Vilariño que “persoalmente, como alcalde, vouno botar en falta”, ao tempo que constatou que “deixa o Concello para asumir unha importante responsabilidade, xa que o Porto é un elemento fundamental para o crecemento da cidade”. E, ao fío disto, o rexedor municipal desexoulle ao ex edil “sorte no seu novo cargo, porque a súa sorte é a sorte do Porto e da cidade”. Por último, Rey Varela manifestou a vontade de continuar coa liña de colaboración que manteñen as institucións municipais e portuaria.











