O Acto de conmemoración do Día Internacional da Muller reuniu un centenar de persoas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCambreLocal
A-
A+

O acto celebrado o día 6 de abril foi organizado coa finalidade de facer entrega dos premios ás nenas e nenos participantes no concurso “A historia dás Mulleres do Concello de Cambre”, foi unha actividade da campaña de Sensibilización do 8 de marzo, “Este ano, o 8 de marzo terá nome de mulleres”e render homenaxe ás mulleres protagonistas dos seus traballos.

No acto, que reuniu máis dun centenar de persoas, estiveron presentes María Jesús González, Concelleira de Igualdade, Benestar Social, Sanidade e Educación, e Santiago Ríos, Concelleiro de Cultura, que fixeron entrega dos premios ao alumnado gañador, xunto cos representantes do tecido asociativo local de mulleres e as ANPA.

Elena Sánchez García do CEIP O Graxal foi a 1ª clasificada, Andrea Cadeveira Sanjurjo Do CEIP Emilio González López, foi a 2ª clasificada, e Francisco Javier Rodríguez, do CEIP O  Graxal como 3º clasificado, recibiron como premio uns “cheques agasallo” para consumir no comercio local de Cambre.

Así mesmo, as tres mulleres protanistas dos seus traballos, Ana Zamora Casal, Hortensia Varela Matos, Antonia Casal Fraga, foron homenaxeadas polo papel que desempeñaron ao longo das súas vidas.

Na celebración, na que tamén se proxecto un vídeo educativo protagonizado polo alumnado participante no concurso, concluíu cunha actuación musical a cargo de Hugo Torreiro e Yhadira García.

10 de abril de 2013 | 16:49 • Sen comentarios

Comentarios pechados.