O 2 de maio, unha nova cita do Ciclo de música de Cámara Sen Batuta en Ourense

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioLocalOurense
A-
A+

Como todos os primerios xoves de mes, este día 2 de maio regresa ao Paraninfo do IES Otero Pedrayo unha nova edición do Ciclo de música de cámara Sen Batuta. Esta vez será da man do conxunto Wieiner Klaviertrio & Dénes Ludmány, que ofrecerán unha charla coloquio a partir das 19.30 h e un concerto ás 20.30 h.

Durante o concerto, interpretarán pezas de Mozart, Dvorák e tamén de Robert Schumann. Durante máis de 20 anos o Wiener Klariertrio ten actuado en prácticamente todos os grandes centros musicais de Europa, América, Australia e Asia. O trío fundouse en 1988 polo violinista Wolfgang Redik, o violoncellista Marcus Trefny e mais o pianista Stefan Mendl. Xunto a eles actuará o violista húngaro Dénes Ludmány, que é gañador de varios premios e galardóns en diferentes concursos internacionais, ademais de traballar como Principal dos Salzburger Chamber Solists. Este concerto é o penúltimo desta quinta temporada do Ciclo.

30 de abril de 2013 | 16:33 • Sen comentarios

Comentarios pechados.