Novos obradoiros na aula de ecoloxía urbana baixo o título “Preparados, listos… a xogar!”
A Concellería de Medio Ambiente e Urbanismo do Concello de Ferrol, que dirixe Guillermo Evia Pérez, informa de que a Aula de Ecoloxía Urbana (AEU), ubicada no parque municipal Raíña Sofía, presenta a programación de actividades para esta primavera “Preparados, listos… a xogar! – pero coidando a natureza”. As actividades terán lugar en dita aula os venres de 17:00 a 18:30 horas, e son de carácter gratuíto.
Os obradoiros teñen por finalidade introducir a nenos de 7 a 12 anos no coñecemento de diversas problemáticas ambientais. Os nenos acadarán consciencia sobre diferentes temáticas, tales como enerxía, auga, consumo responsable, contaminación, a regra dos 3R´s e, incluso, solidariedade a través do xogo. Cada día os participantes terán unha dinámica distinta e realizará, dende xogos de pistas ata os máis tradicionais, pasando por xogos de taboleiros ou a fabricación dos seus propios xoguetes.
A programación xira en torno ao eixo común do xogo dirixido á aprendizaxe no coidado do medio dende a posición de cidadáns e cidadás. Entre os obxectivos da iniciativa destacan o fomento do respecto ao medio ambiente, o coñecemento do alcance que as nosas accións diarios teñen no planeta, sensibilizar sobre a nosa capacidades de modificar os nosos hábitos, demostrar que podemos facer as mesmas actividades dun xeito máis ecolóxico e adquirir actitudes responsables para o coidade e conservación da natureza.
A metodoloxía levada a cabo nos cursos permitirá: a participación activa dos asistentes, a realización de actividades dinámicas, a comunicación para facilitar que os rapaces expresen a súa opinión, a resolución de hipóteses para a aprendizaxe, a motivación mediante os xogos e a creatividade mediante o deseño dalgúns recursos para o xogo. Os contidos das actividades serán variadas: conceptuais; procedementais, a través da compresión de textos ou a expresión oral e corporal; e actitudinais, fomentando a educación en valores ou a solidariedade.
As datas dos obradoiros son as seguintes:
– 05 de abril: “1,2,3 responde outra vez”
– 12 de abril: “Consupoli”
– 19 de abril: “Xoguetes de refugallos” (bolos, enredos)
– 26 de abril: “O recicle”
– 03 de maio: “Redes tróficas” (memoramas, corzos e recursos)
– 10 de maio: “Gota a gota”
– 24 de maio: “Dame un respiro”
– 31 de maio: “Xogo de pistas de enerxía”
– 07 de xuño: “O xogo dos cubos”
– 14 de xuño: “A oca dos residuos”
O material necesario para realizar as actividades será proporcionado pola Aula de Ecoloxía Urbana, en caso de que fixese falta que os participantes achegasen algún material, na sesión anterior pediráselles que o traian.
Reserva de prazas
Todas as actividades son de balde, pero contarán cun límite de participación de 20 persoas. Poderase reservar praza por teléfono no 981 94 42 22 ou a través do correo electrónico: aeuferrol@mundo-r.com .











