Novos cursos de informática na Aula Cemit
A Aula CeMit do Concello de Fisterra situada na praza da Cerca abre o prazo de inscrición para as seguintes actividades:
-CREACIÓN DUNHA DE CORREO ELECTRÓNICO (14 horas)
Creación e manexo dunha conta de correo electrónico.
Martes, mércores e xoves, de 17:00 a 18:00 (do 16 de abril ó 16 de maio)
-CREACIÓN DUNHA CONTA DE FACEBOOK (10 horas)
Creación, configuración e manexo dunha conta de facebook.
Os luns, de 10:30 a 12:00 (do 22 de abril ó 20 de maio)
-RETOQUE DE FOTOGRAFÍAS DIXITAIS CON GIMP (15 horas)
Nocións básicas de retoque de fotografías co programa GIMP.
Martes e xoves, de 10:30 a 12:00 ou de 18:30 a 20:00
(do 23 de abril ó 23 de maio)
-RECURSOS DE INTERESE NA INTERNET (9 horas)
Pedir citas a través da internet, consultar prezos de voos, o tempo, mapas, etc.
4, 5, 6, 11, 12, 13 xuño, de 10:30 a 12:00
-MANEXO DE MEMORIA USB (5 horas)
28, 29, 30 maio, de 10:30 a 12:00 ou de 18:30 a 20:00.
-MECANOGRAFÍA (20 horas)
Colocación das mans e uso dun programa informático para aprender a teclear.
Xuño. Pendente de data.
IMPRESCINDIBLE COÑECEMENTOS BÁSICOS DE INFORMÁTICA
INFORMACIÓN E RESERVA DE PRAZA:No tle:673081740 (Alicia) / 981740001 (Concello) ou no correo cemit.fisterra@xunta.es Indicar preferencia de mañá ou tarde.