Novo itinerario formativo “atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais” en Ferrol

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFerrolLocal
A-
A+

A Concellería de Emprego do Concello de Ferrol, dirixida por Martina Aneiros Barros, anuncia un novo itinerario formativo de inserción laboral con certificado de profesionalidade “Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais”. Este curso enmárcase no proxecto “Ferrol punto de emprego II” da Administración municipal, e está cofinanciado polo Fondo Social Europeo (FSE).

Esta acción formativa está dirixida a persoas desempregadas inscritas no Servizo Público de Emprego de Galicia e que se atopen empadroados no Concello de Ferrol. Así mesmo, deberán de posuír -como mínimo- algún dos seguintes niveis formativos: Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria (ESO) e ter superadas as probas específicas para competencias clave de nivel 2 (lingua castelá, lingua galega e matemáticas); ademais, deberán ter o certificado de lingua galega de nivel mínimo, CELGA 2.

O prazo de inscrición está aberto dende o 6 ao 20 de maio e o límite de prazas é de 15 persoas. As solicitudes deberán presentarse no Centro de Emprego do Concello de Ferrol de 9:00 a 14:00 horas, onde deberán entregar a seguinte documentación: copia do DNI ou NIE; copia actualizada da Tarxeta de Demandante de Emprego; volante de empadroamento expedido pola Oficina de Estadística Municipal; informe de períodos de inscrición emitido pola  Oficina de Emprego; orixinal ou copia cotexada acreditativa do nivel formativo e do nivel de lingua galega; e o currículum vitae.

O curso terá unha duración de 560 horas e dará comezo no mes de xuño. A acción formativa ten como obxectivo proporcionar aos beneficiarios unha cualificación profesional que lles permita acceder con mellores condicións de empregabilidade ao mercado laboral. Para máis información, os interesados poderán dirixirse ao Centro de Emprego do Concello de Ferrol situado na rúa Sagrada Familia nº 56, chamar ao 981 94 41 95 ou a través de internet na páxina oficial do Concello: www.ferrol.es/emprego ou www.ferrol.es/emprego/puntodeemprego.

29 de abril de 2013 | 18:13 • Sen comentarios

Comentarios pechados.