Nove participantes no tradicional Concurso dos Maios o mércores en Pontevedra

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioLocalPontevedra
A-
A+

29042013-3Nove foron as asociacións e colectivos que se presentaron ao Concurso dos maios deste ano, logo do peche da inscrición no Rexistro Municipal o pasado venres. A Concellaría xa ten todo ultimado para esta tradicional celebración que comezará o mércores, 1 de maio ás 11.30 horas na praza da Ferraría coa Benvida ao maio a cargo da poetisa Rosalía Fernández Rial. O Concurso estará amenizado polo
grupo de música tradicional “Pola Vila”.

Os maios participantes son os seguintes (a orde de intervención determinarase por sorteo antes do inicio do concurso):

• Maio d´Paredes

• Asociación Cultural Deportiva Campañó

• Maio de San Xulián

• Maio da Asociación Recreativa de Xeve

• Maio do CEIP Froebel

• Maio do CEIP San Miguel de Marcón

• Maio Viaxeiro de Cabanas

• Maio CEIP Campolongo

• Maio Marcos da Portela

Rosalía Fernández Rial (Carballo-Muxía, 1988) é, sobre todo, escritora, en especial de poesía. Aínda que tamén estudou acordeón, se
licenciou en Filoloxía e se está doutorando en Ciencias da Educación, ao tempo que continúa a súa formación en arte dramática. Ten publicados varios poemarios individuais: En clave de sol (2009), Átonos (2011) e Vinte en escena (2012); todos eles levados á escena con espectáculos literarios, pictóricos e musicais; unha guía poética pola Costa da Morte en colaboración con Xan Fernández, titulada Un mar de sensacións (2012) e relatos curtos en volumes colectivos, como Follas de Carballo (2011). Ademais, participa con artigos en diferentes xornais dixitais.

29 de abril de 2013 | 10:11 • Sen comentarios

Comentarios pechados.