Nova reunión para os afectados pola concentración parceira de Fisteus
Constituíuse a Xunta Local da concentración parceira de Fisteus da que forman parte técnicos da Conselleria de Medio Rural, representares do Goberno Municipal e veciños que formaban parte da comisión que se creou cando se iniciou o procedemento; estes foron elixidos polos propietarios dos terreos.
Ademais a Xunta aprobou as bases provisionais e o procedemento a seguir para continuar cos traballos e expoñer o público a clasificación dos terreos.
O próximo día 15 de abril, ás 10.30 horas celebrarase unha reunión informativa con todos os propietarios no salón actos do Recinto Feiral de Curtis











