Nova reunión para os afectados pola concentración parceira de Fisteus en Curtis

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCurtisLocal
A-
A+

Constituíuse a Xunta Local da concentración parceira de Fisteus da que forman parte técnicos da Conselleria de Medio Rural, representares do Goberno Municipal e veciños que formaban parte da comisión que se creou cando se iniciou o procedemento; estes foron elixidos polos propietarios dos terreos.

Ademais a Xunta aprobou as bases provisionais e o procedemento a seguir para continuar cos traballos e expoñer o público a clasificación dos terreos.

O próximo día 15 de abril, ás 10.30 horas celebrarase unha reunión informativa con todos os propietarios no salón actos do Recinto Feiral de Curtis.

15 de abril de 2013 | 09:54 • Sen comentarios

Comentarios pechados.