Nigrán acollerá unha edición máis de Saudarte, a Feira da Artesanía e a Saúde do Val Miñor
A Asociación de Artesáns do Val Miñor, AMANDOVAL, en colaboración co Concello de Nigrán, creou Saudarte, a feira do Val Miñor da artesanía e a saúde, que congregará máis de 35 artesáns da bisbarra.
Saudarte, que se celebrará os días 4 e 5 de maio en Praia América, nace co firme obxectivo de consolidarse como o evento que reciba ano tras ano o comezo da tempada de “bo tempo”, a principios do mes de maio.
O acto de presentación celebrarase mañá martes 30 de abril no Salón de Actos ás 11.00 horas, e contará coa participación do alcalde de Nigrán, Alberto Valverde, a concelleira de Turismo, Cultura e Deporte, Liliana Silva, e tres membros da xunta directiva da asociación AMANDOVAL.











