Nigrán Non se Agota congregará a un centenar de persoas nunha xornada de limpeza de praias
O próximo luns 22 de maio, o Concello de Nigrán e CESPA presentarán a campaña Nigrán Non se Agota, unha iniciativa dirixida a concienciar a poboación local e visitantes da importancia do respecto e protección ambiental do noso ámbito.
Neste contexto, o rexedor municipal presentará oficialmente o sistema de control do consumo da auga, un sistema único en Galicia, que permitirá un aforro de auga de ata un 60% nas duchas das praias.
Esta iniciativa ambiental, complementarase coa celebración dunha xornada de limpeza de praias, coincidindo co Día Mundial da Terra, que congregará un centenar de alumnos e usuarios do CEIP de Panxón, adscrito ao programa europeo ECOESCUELAS, do Centro Juan María e da Fundación Menela.
A presentación do sistema de control do consumo de auga será ás 12.30 horas na Praia de Parrulos, á altura do posto de protección civil, e contará coa presenza do director de Augas de Galicia, Francisco Menéndez. A xornada de limpeza de praias realizarase entre as 10.30 e as 12.30 horas, incluíndo unha charla informativa/formativa de concienciación medio ambiental impartida por unha bióloga.











