Negreira anuncia que as ampliación do CEIP Emilia Pardo Bazán empezará este ano

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaLocal
A-
A+
Anuncio das obras durante a visita ao centro

Anuncio das obras durante a visita ao centro

O Alcalde da Coruña, Carlos Negreira, e o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Jesús Vázquez, realizaron esta mañá unha visita ás instalacións do CEIP Emilia Pardo Bazán, na que anunciaron o proxecto de ampliación do centro. “É un proxecto cun significado e unha transcendencia importante para a comunidade educativa do colexio e para o barrio”, destacou Carlos Negreira. Neste sentido, recordou que é un proxecto demandado dende hai anos e que agora se inicia “un proceso sen retorno”.

O rexedor avanzou que o proxecto se licitará antes de verán co obxectivo de empezar as obras no último trimestre do ano. Os traballos, que contarán cun investimento de 2 millóns de euros, consistirán na construción de 9 aulas, unha sala de usos múltiples, un comedor con capacidade para 300 alumnos e unha nova zona de administración. A ampliación levarase a cabo nunha parcela anexa ás instalacións actuais, próxima ao Paseo Marítimo, que cede o Concello da Coruña.

“Ten pasado dun proxecto que non era do agrado da comunidade educativa a un proxecto que si conta co agrado da comunidade, da Xunta de Galicia e do Concello,” destacou. Neste sentido, destacou o diálogo e a colaboración de todas as partes implicadas para sacar adiante un proxecto que levaba anos encistado.

16 de abril de 2013 | 16:42 • Sen comentarios

Comentarios pechados.