Neda tramita as solicitudes para os programas “Termalismo Social” e “Benestar en Balnearios”
O Concello de Neda informou de que os maiores da vila poden incribirse nos programas “Benestar en Balnearios” da Xunta de Galicia e “Termalismo Social” do IMSERSO. Para isto, tan só deben acudir ao Departamento Municipal de Servizos Sociais, ubicado na pranta baixa da Casa do Concello, e a traballadora social encargaráse de tramitar toda a documentación necesaria para formalizar a inscripción. O horario de atención ao público é de 9 a 14 horas luns, martes, xoves e venres. No primeiro caso, o prazo para anotarse remata o día 12, namentras que no segundo programa expira o día 16.
Ambos ofrecen estadías de entre dez e doce días con tratamento termal, aloxamento e manutención. E, con eles, as administracións pretenden contribuír ao mantenemento da autonomía das persoas maiores, facilitándolles a posibilidade de gozar duns días de tratamento termal, descanso, convivencia e maneiras de ocupar o tempo libre dun modo activo e positivo.











