Neda súmase ao convenio de Xunta, Fegamp e CGPJ en materia de desafiuzamentos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalLocal PortadaNeda
A-
A+

O Concello de Neda vén de adherirse ao convenio asinado recentemente entre Xunta de Galicia, Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) e Consello Xeral do Poder Xudicial (CGPJ) en materia de desafiuzamentos. En esencia, o protocolo fixa procedementos para que un xuíz, cando teña coñecemento dun desafiuzamento, informe aos servizos sociais da Xunta e dos concellos para que procedan a atender aos afectados antes de que se produzca o desaloxo. Deste xeito, pódense previr situacións de exclusión social como as que se veñen coñecendo nesta materia dende que comezou a crise económica.

Así as cousas, o convenio permitirá traballar con antelación e actuar con eficacia ante unha situación de especial vulnerabilidade, xa que os xuíces comunicaránlla á Xunta. Esta, automaticamente, dará traslado aos departamentos de Servizos Sociais dos concellos ad-heridos, como Neda. E, á súa vez, dende os municipios traballaráse para ofertar alternativas ás familias. Primeiramente, poderán realizar unha valoración provisional da situación de cada familia. De forma complementaria, o Servizo de Coordinación de Servizos Sociais Comunitarios da Consellería de Traballo estudará posibles solucións, ben a través dos programas de inclusión social ben analizando co Instituto Galego de Vivenda e Solo a aplica-ción dun programa de realoxo dos afectados.

25 de abril de 2013 | 17:43 • Sen comentarios

Comentarios pechados.