Neda conmemora o Día Internacional do Libro Infantil con “Sopa de Contos”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalNeda
A-
A+

O Concello de Neda conmemora mañá martes, 2 de abril, o Día Internacional do Libro Infantil cunha actividade pensada especialmente para os máis pequenos da casa. Así, a sala infantil da Biblioteca Municipal da localidade acollerá a partires das 18 horas a lectura da mensaxe desta celebración –este ano, a elección foi un poema de Pat Mora- e, a continuación, a actividade “Sopa de Contos”, a cargo da animadora á lectura Marisa Irimia. Todos os nenos e nenas, xunto ás súas familias, están invitados a participar da programación, con entrada libre.

1 de abril de 2013 | 17:02 • Sen comentarios

Comentarios pechados.