Nace a Asociación Cultural Francisco Asorey

PUBLICADO EN: Noticias de Galicia ► Local ► Local Portada ► Santiago de Compostela ▼
A-
A+
O alcalde saudando a José Manuel Asorey

O alcalde saudando a José Manuel Asorey

O Museo das Peregrinacións e da Cidade de Santiago acolleu a presentación pública da Asociación Cultural Francisco Asorey. No transcurso do acto amosouse unha peza inédita do autor. O alcalde compostelán, Ángel Currás, participou neste acto, no que estivo acompañado do alcalde de Cambados, Luis Aragunde; da presidenta da Asociación, Mª del Carmen Asorey; e de José Manuel Asorey, fillo do artista. Todos eles tiveron palabras de lembranza para o escultor Francisco Asorey. A restauración das súas obras é o obxectivo co que nace a Asociación, en colaboración cos herdeiros do artista.

18 de abril de 2013 | 19:17 • Sen comentarios

Comentarios pechados.