“Movistar Road Show Galicia” chega a Ponteceso
A aula móbil de promoción das novas tecnoloxías do programa subvencionado pola Xunta de Galicia, Movistar Road Show Galicia estará na Praza do Relleno o mércores 10 de abril para difundir as novas tecnoloxías entre a poboación do Concello de Ponteceso, con distintas actividades tamén en centros educativos.
Actividades:
– Aula móbil situada na praza do Relleno de 11:00 a 19:00 horas. Participa e aprende!
– Obradoiros de navegación, pola mañá, no CEIP As Forcadas e no IES de Ponteceso.
– Charla- coloquio sobre o uso responsable de internet. No centro cultural de 18:00 a 19:00 horas. Público adulto.











