Mos ten listas as bases que regularán a adxudicación de vivendas de aluguer social

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalMos
A-
A+
Visita da rexedora a unha das vivendas

Visita da rexedora a unha das vivendas

A concelleira mosense de Benestar Social, Sara Cebreiro, deu conta en Comisión Informativa de que o Concello de Mos vai a levar a aprobación en Pleno as bases que regularán o proceso de adxudicación de tres vivendas en réxime de aluguer social na zona de San Eleuterio, parroquia de Tameiga.

Esta mañá achegáronse a visitar os tres pisos libres a propia edil e a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, xunto cos seus compañeiros de equipo de goberno os concelleiros Alberto Méndez e Luis Alonso.

O Concello de Mos é propietario dun total de seis vivendas na zona de San Eleuterio, os cales estiveron todos ocupados ata o de agora quedando na actualidade libres os tres que sairán a proceso de adxudicación en réxime de aluguer.

Das seis vivendas propiedade da administración local, catro miden 82 metros cadrados e teñen tres dormitorios; e os outros dous miden 90 metros cadrados e contan con catro dormitorios.

Condicións

Os requisitos que deberán cumplir as familias beneficiarias dos tres pisos que sairán a proceso de adxudicación son: estar empadroado en Mos cunha antigüidade mínima de tres anos, non ter ningunha vivenda en propiedade, estar inscrito no Rexistro de Demandantes de Vivendas de Promoción Pública e que os ingresos da unidade familiar estean comprendidos entre o 0,7 e o 1,5 IPREM. O prezo do aluguer establecerase tamén en función da renda da familia beneficiaria.

Respecto desta iniciativa a rexedora local mosense e a concelleira delegada de Benestar Social declararon que “o Concello de Mos, vendo a complicada situación económica de moitas familias por mor da crise, decidiu sacar a adxudicación estes tres pisos que ten en propiedade e que quedaron libres, para que os veciños e veciñas do municipio poidan optar a alugalos”.

23 de abril de 2013 | 16:26 • Sen comentarios

Comentarios pechados.