Monforte rende tributo ás Letras Galegas con diversos actos
A Delegación de Cultura e Normalización Lingüística do Concello de Monforte de Lemos organiza, como cada ano, unha serie de actividades co gallo das Letras Galegas 2013, día que está dedicado ó dramaturgo Roberto Vidal Bolaño.
Algunhas destas actividades xa se teñen realizado en anos anteriores, como é o caso dos certames de narración e debuxo infantil, o “correlingua”, o festival musical, ou as rutas “Histórico literarias” e “Coñece Monforte”, mentres que outras constitúen unha novidade na programación. En canto ás novidades destacamos o espectáculo poético-musical que Xoan Eiriz ofrecerá para alumnado de 3º da ESO, unha obra de teatro a cargo da Aula Municipal de Teatro e dirixida ó publico infantil, ou a experiencia “Letras e viño” que comprenderá lecturas dramatizadas de textos de Vidal Bolaño e de poemas, así como interpretacións musicais.
O programa de actos para conmemorar as Letras Galegas neste ano 2013 é o seguinte: 2013
EXPOSICIÓN “17 Escritores Galegos/Letras Galegas 2013” na Sala Exposicións da Casa da Cultura do 7 ó 30 de maio
RUTAS:
RUTAS HISTÓRICO LITERARIAS POR MONFORTE
Alumnos educación secundaria centros ensino de Monforte e público en xeral
RUTA COÑECE MONFORTE
Alumnos educación primaria centros ensino de Monforte. Abril e maio
CERTAME DE NARRACIÓN INFANTIL LETRAS GALEGAS 2013
“A toda máquina” na Biblioteca Municipal de Monforte de Lemos.
CERTAME DE DEBUXO INFANTIL LETRAS GALEGAS 2013
“A toda máquina” na Biblioteca Municipal de Monforte de Lemos.
CORRELINGUA 2013 – RIBEIRA SACRA
Carreira non competitiva de alumnos de centros de ensino, dende San Vicente ata a praza da Compañía, logo haberá diferentes actividades relacionadas coa lingua. O martes 7 de maio ás 11:00 h
ESPECTÁCULO DE TEATRO INFANTIL E FAMILIAR
Grupo de Teatro Ghazafelhos con ”Bon apetit” o domingo 12 de maio no Edificio Multiusos ás 18:00 h.
ESPECTÁCULO POÉTICO-MUSICAL
Xoan Eiriz o martes 14 de maio ás 12:00 h. Casa da Cultura para alumnos de 3º da ESO
LETRAS E VIÑO
venres 17 de maio no Centro do Viño
12:00 h Lectura de diferentes poemas.
19:00 h Lecturas dramatizadas de textos de Vidal Bolaño a cargo da Aula de Teatro Municipal.
Despois de cada unha das lecturas haberá unha interpretación musical.
FESTIVAL DAS LETRAS GALEGAS
– Grupo de Percusión da Banda de Gaitas
– Banda de Gaitas do Concello de Monforte de Lemos
– Os Cantores do Caurel
– Grupos de Cantareiras e Pandeireteiras do Concello de Monforte
– Grupo de Baile tradicional do Concello de Monforte
sábado 18 de maio no Edificio Multiusos ás 17:30 h.
ESPECTÁCULO TEATRAL
Grupo de Teatro da Aula Municipal de Teatro con ”Animaliños” de Roberto Vidal Bolaño
No salón de actos da Casa da Cultura
-sábado 18 de maio ás 20:30 h público en xeral
-martes 21 de maio ás 16:30 h para colectivos sociais
CONFERENCIA
“Como falar e escribir galego con corrección e fluidez” impartida por Carlos Callón, presidente da Mesa pola Normalización Lingüística
Venres 31 de maio ás 20:15 na Casa da Cultura











