Monforte promove un concurso para elixir os deportistas e clubs máis destacados

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesLocalMonforte de Lemos
A-
A+

O técnico municipal de Deportes, Óscar Rodríguez, e o asesor da concellería de Deportes, José Antonio Díaz, reuníronse o pasado xoves cos responsables dos diferentes clubs e asociacións deportivas de Monforte co obxecto de propoñerlles a organización dun concurso para elixir ós deportistas e clubs máis destacados do ano 2012.

Na reunión, á que asistiron un gran número de responsables e representantes dos clubs e asociacións deportivas de Monforte, presentouse o borrador das bases que rexerán o concurso e recolléronse as aportacións e valoracións que sobre as mesmas fixeron os diferentes colectivos alí representados.

A iniciativa proposta pola de delegación de Deportes do Concello foi ben acollida polos responsables dos clubs e entidades que asistiron á reunión, motivo polo qué, nas vindeiras datas, farase oficial a convocatoria do concurso e a presentación das súas bases definitivas.

10 de abril de 2013 | 09:19 • Sen comentarios

Comentarios pechados.