Monforte ofrece xornadas de iniciación ó mergullo deportivo en “bautismo de mergullo”
O concello de Monforte organiza unha xornada de iniciación ó mergullo deportivo que terá lugar o sábado día 11 de maio na Piscina Climatizada Municipal.
A actividade, dunha hora de duración, consiste nun “Bautismo de Mergullo” con equipo autónomo de respiración, e ten como obxectivo dar a coñecer o deporte do mergullo cunhas nocións básicas.
O curso está dirixido a persoas maiores de 15 anos que saiban nadar, e ten un custo de 18 € por persoa.
Tódolos interesados/as poderán inscribirse na Oficina Municipal de Deportes, nas Casiñas da Compañía, ou ben facer a inscrición a través de internet, descargando o modelo na web municipal e remitindoo cuberto correctamente á dirección de correo deportes@concellodemonforte.com, achegando o xustificante de pago.
Os alumnos/as participantes dividiranse en grupos de 10 persoas que realizarán a actividade durante 1 hora. A confección dos grupos e os horarios de cada grupo notificaránselle ós alumnos/as nos días previos ó curso.
A tódolos alumnos/as que participen no curso tramitaráselle un seguro federativo para a actividade.
EQUIPO:
Os instrutores facilitarán o equipo necesario de mergullo que consta de lastre, jacket, regulador e botella.
DESENVOLVEMENTO DO CURSO:
1º Presentación do curso.
2º Explicación por parte dos instrutores.
3º Reparto do equipo de mergullo a cada un dos participantes no curso.
4º Explicación e demostración en seco dos exercicios a realizar baixo a auga.
5º Práctica de respiración baixo a auga facendo pé no chan.
6º Práctica de exercicios co regulador.
7º Paseo polo fondo











