publicidade hoxe

Monfero organiza unha excursión a Portugal o 4 de maio

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioLocalMonfero
A-
A+

Dende o Concello invitan á veciñanza a participar na “EXCURSIÓN A VILANOVA DE CERVEIRA E VALENÇA DO MIÑO EN PORTUGAL” que se realizará o vindeiro SÁBADO 4 DE MAIO.

Saída terá lugar desde o Concello ás 9:30 e o regreso será o mesmo día sobre ás 19:30. O prezo é de 15€ por persoa. Este importe será para o pago do xantar, xa que o transporte vai a cargo do Concello.

Esta excursión está aberta a todos os veciños que queiran participar maiores, xóvenes, nenos/as e familias. Os menores deberán ir acompañados dun adulto.

Para participar hai que inscribirse chamando ao número de teléfono 981793885 antes do 30 abril.

23 de abril de 2013 | 17:18 • Sen comentarios

Comentarios pechados.