Milladoiro, con máis de 30 anos de traballo, interpretará a súa música de cine no Pazo da Cultura
Esta mañá a concelleira de Cultura Anxos Riveiro, presentaba o concerto especial que Milladoiro dará o 19 de abril ás 21 horas no Pazo da Cultura. A rolda de prensa asistiron en representación do grupo Moncho García, Nando Casal, pertencentes á agrupación dende a súa formación en 1978, e Harry C., madrileño afincado en Galicia que se estreou co grupo hai 13 anos nunha actuación no Pazo da Cultura. Nesta ocasión os asistentes poderán gozar deste espectáculo musical onde terá un peso especial a música de cine que Milladoiro compuxo nestes anos para directores coma Manuel Gutierrez Aragón, Jose Luis García Sánchez ou Santiago Peláz (“Siempre Habana”).
Un concerto que pecha a xira coa que Milladoiro percorreu Galicia e que escolle Pontevedra non de xeito casual, xá que está moi vinculada a Milladoiro: 5 dos seus compoñentes naceron na provincia (concretamente en Catoira) e incluso o madrileño, escolleu a nosa cidade para vivir. Dela gardan moitos e bos recordos, especialmente dos concertos que fixeron na Praza da Ferrería, comentou Moncho, que engadiu que para vir aun concerto de Milladorio só se necesitan 3 cousas: “que che guste a música, que che guste Milladoiro e… que non teñas nada mellor que facer”.
O último disco de Milladoiro, “A quinta das lágrimas” foi gravado en 2008. Tras estes 5 anos sen producir, “pode ser que este concerto especial, sexa o primeiro peldaño para unha nova gravación”. Só gravan cando teñen algo bo que ofrecer, di Moncho, que destaca que para ben ou para mal eles non teñen una discográfica que os presione mentres Nando, cita moi apropiadamente a itando a Rossini “un éxito máis nada engadiría á miña carreira, pero un fracaso podería arruinala”
O 19 de marzo teremos oportunidade de gozar deste grupo que tras 35 anos de traballo conserva a forza do primeiro día e que levou a nosa cultura por todo o mundo. Unha velada na que Ademáis das bandas sonoras, traballo pouco coñecido de Milladoiro, a súa actuación incluirá tamén temas emblemáticos, dúos de gaita, e aproveitarán para presentar o repertorio co que iniciarán esta temporada.
Venda anticipada de entradas en servinova a un prezo de 15€ + gastos e o mesmo día da actaución dúas horas antes na billeteira a 15€.











