Mellora do acceso Polígono – Cemiterio e da accesibilidade no casco urbano de Salvaterra

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalSalvaterra de Miño
A-
A+

Nos últimos meses no Concello de Salvaterra de Miño estanse levando acabo diversas obras co fin de mellorar e adaptarse as necesidades dos viandantes.

Cada día son máis os veciños e veciñas, incluso persoas doutros concellos, que se desplazan ata Salvaterra para dar longas camiñatas, xa sexa no Parque, nas zonas de sendeirismo ou polas beirarrúas que están consideradas como unhas das que mellor servicio ofrecen.

Debido a este incremento, creuse necesario a mellora no acceso ao Polígono Chan da Ponte – Cementerio-Tanatorio, coa dotación dunha acera que permitirá aos peóns transitar dunha forma máis segura.

Ao mesmo tempo estase levando acabo traballos de mellora nas infraestructuras viarias na adptación a persoas con discapacidade en pasos de peóns e bordes de beirarrúas, rampas de minusválidos e ensanchamento de aceras.

29 de abril de 2013 | 19:46 • Sen comentarios

Comentarios pechados.