Medio cento de medios recollen a presentación en Bruselas da Feira do Cocido de Lalín
Máis de medio cento de reseñas en prensa, tanto escrita como dixital, aportou a presentación da Feira do Cocido de Lalín na Fundación Galicia Europa en Bruselas que unidas as preto de unha decea que se recompilaron na presentación en Cabeceiras de Basto permiten incrementar nun número notable as reseñas dispoñibles para incorporarlas ao expediente da internacionalización da Feira do Cocido.
Entres estas reseñas, máis de media ducia corresponderon a reseñas en portais e medios de fora de España, en concreto de Lationamerica, -que se unirán ás dos medios belgas que publicarán novas sobre a Feira do Cocido en dous semanarios en lingua francesa e nunha revista especializada mensual en lingua flamenca-.
As axencias xeneralistas en lingua española, especialmente a Axencia EFE, presentes no acto de presentación que tivo lugar na Fundación Galicia Europa, e que fixeron reportaxes sobre ela, provocaron que moitos medios nacionais e extranxeiros en lengua española se fixeran eco de esta presentación, acadando unha repercusión só comparable ao día grande da Feira.
LATINOAMÉRICA
A nivel internacional, a nova da presentación recolleuse con fotografías do acto en portais dixitais e medios de comunciación de Arxentina, Perú, Colombia, Mexico e Venezuela. En concreto, o portal hispano Terra nas súas filiais para Colombia e Perú recolleu a nova no seu apartado Vida e estilo. Pola súa banda, o portal norteamericano Yahoo fixose eco da presentación nos seus subportais de Venezuela, Arxentina e Mexico con sendas noticias. Tamén unha das canles maís importantes de Televisión en Mexico UNIVISION, dependente de Televisa, recolleu na súa web, o día 20 de marzo, unha nova sobre o Cocido en Bruselas.
Xa a nivel nacional, unha vintena de medios de fora de Galicia recolleron nas súas páxinas e nos seus portais, o evento celebrado na capital europea. Así, diarios como ABC, Las provincias, Diario Vasco, El correo vasco, El Día, El Ideal, La Rioja, El Comercio, El Norte de Castilla, Hoy, El diario montañés, etc. Unha difusión á que habería que engadir a presenza na maioría dos medios autonómicos de comunicación escrita e dixital.
Tamén páxinas e portais especializados en gastronomía e viños recolleron a presencia do Cocido ante unha ampla representación de eurodiputados de unha decea de países.
BLOGS DOS EURODIPUTADOS
Precisamente, algúns eurodiputados de fora de Galicia presentes no evento como o catalán Santiago Fisas ou o navarro Pabl Balza tamén se fixeron eco nas súas bitácoras dixitais e nas súas páxinas do evento gastronómico, destacando a calidade do prato presentado e o esforzo da difusión da Feira.











