publicidade hoxe

Mariñas – Betanzos e a Fundación Juana de Vega fomentan o emprendemento rural

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaAbegondoLocal
A-
A+

O vindeiro luns 22 de abril, na sede da Fundación Juana de Vega, celebrarase unha Xornada para o fomento do Emprendemento no
Rural. Trátase dunha iniciativa enmarcada no proxecto Rural-Emprega que desenvolve o Grupo de Desenvolvemento Rural Mariñas – Betanzos e no que participan 100 persoas en situación de desemprego.

Un dos itinerarios do programa, denominado “Aprender a Emprender”, aborda as posibilidades de autoemprego no rural, e conta coa colaboración da Fundación Juana de Vega. Este itinerario conta con 30 alumnos.

A xornada do luns leva por título: “Diferenciación, Innovación empresarial e fórmulas emprendedoras” e ten como obxectivos:

– Coñecer estratexias competitivas e innovación empresarial.

– Como diferenciarse da competencia.

– Coñecer os aspectos legais para iniciar unha actividade empresarial.

– Que figura xurídica é máis apropiada para poñer en marcha unha iniciativa.

– Axudas ao emprendemento.

Neste evento participaran técnicos do Concello de Oleiros, da entidade Luni Consulting, e emprendedores que teñen posto en marcha iniciativas con éxito.

19 de abril de 2013 | 18:46 • Sen comentarios

Comentarios pechados.