publicidade hoxe

Mariñas-Betanzos convoca una formación práctica en agricultura ecológica en su finca experimental

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaAbegondoLocal
A-
A+

O interese no cultivo a conta propia é crecente na bisbarra. Proba diso son os hortos urbanos que naceron nalgúns municipios ou a innovación na produción agrícola que se introduciu en moitos pequenos empresarios da zona. Ademais, a Unión Europea aposta por potenciar circuítos curtos de comercialización agraria, que potencien os produtos autóctonos e supoñan unha oportunidade de desenvolvemento local.

O Grupo de Desenvolvemento Rural “Mariñas – Betanzos” decidiu programar unha formación no ámbito da agricultura ecolóxica tras o éxito obtido nas accións realizadas nos meses pasados. O GDR convoca o II Obradoiro Práctico de Agricultura Ecolóxica, que pretende atraer aqueles cidadáns interesados en obter as colleitas máis respectuosas co medio.

A formación desenvolverase nos meses de maio, xuño e xullo, a razón dunha 1 sesión semanal de tres horas de duración, previsiblemente de 18.00 a 21.00 horas aínda que será adaptable segundo necesidades. Terá lugar en Santa María de Vigo (municipio de Cambre), onde Mariñas – Betanzos dispón dun terreo experimental dunha hectárea e un invernadoiro de 1.000 metros cadrados.

O GDR abre a inscrición ata o próximo 20 de abril para conseguir unha praza, cun custo de 60 euros mensuais, aínda que se se paga a totalidade se obtén un desconto dun 10%. Os interesados deben dirixirse á asociación mediante o teléfono 981 669 541 ou mediante o correo electrónico info@marinasbetanzos.org

O programa formativo comezará coa identificación e características xerais dos cultivos implantados baixo cuberta e ao aire libre, así como un repaso ás variedades autóctonas. Posteriormente, os participantes internaranse no recoñecemento do chan, con toma de mostras, determinación do pH, materia orgánica e textura.

De cara ao seu traballo na horta, abordarase o uso das ferramentas básicas e a importante planificación: orientación, distribución e elección de cultivos, ou o emprego de cortaventos naturais.

A seguinte materia será a preparación de viveiros e os labores a realizar nos diferentes cultivos implantados: poda de tomate e pemento, colleita de froitos, control de herbas adventicias, rego….

Outra das áreas do taller serán as plantas aromáticas e medicinais, a protección de cultivos, as pragas e enfermidades máis comúns, e o uso e preparación de insecticidas e vigorizantes.

O curso estudará tamén as posibilidades de fertilización orgánica e sostible, incluíndo a elaboración e posta en marcha dun compostero.

A influencia da lúa e constelacións nos cultivos, a creación dun banco de sementes autóctonas, a certificación en agricultura ecolóxica, e a agricultura urbana serán os últimos temas do taller.

8 de abril de 2013 | 11:33 • Sen comentarios

Comentarios pechados.