Mañá terá lugar o pleno ordinario do mes de abril

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalOleiros
A-
A+

Mañá xoves día 25 de abril, a partir das 20.00 horas terá lugar no salón de plenos da Casa Charry unha sesión de carácter ordinaria correspondente ao mes de abril. Entre os puntos a tratar encóntrase a aprobación definitiva, se procede, do documento denominado Texto refundido do Plan Parcial do Sector SUD-11 e documento de avaliación ambiental estratéxica que engade a memoria ambiental, no cumprimento do escrito de requirimento da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas na futura urbanización onde se situará o campo de golf. Así mesmo, votarase a modificación da Mesa de Contratación, de carácter permanente.

24 de abril de 2013 | 18:34 • Sen comentarios

Comentarios pechados.