Máis de 60 persoas participarán na I Quedada Fotográfica en torno á Ruta dos Muíños en Neda

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioLocalNeda
A-
A+

Máis de 60 persoas de toda a provincia da Coruña participarán este sábado, 20 de abril, na I Quedada Fotográfica Real Vila de Ne-da. A acción inclúese na programación de actos promovidos pola Administración local para conmemorar, neste 2013, o XXV aniversario da Festa do Pan. De feito, o punto de partida dos fotógrafos –profesionais e afeccionados– será o adro da Igrexa de Santa María, zona de arranque da Ruta dos Muíños. Dende alí partirán ás 10 horas para retratar os extraordinarios recursos naturais e tamén arqui-tectónicos que garda a ruta. Os participantes descubrirán así o proceso de elabo-ración do pan e vivirán de preto un entorno inigualable, o que conforme ao seu paso o río Belelle. Concluirán a xornada nun dos muíños locais, onde poderán degustar productos típicos dos fornos de Neda.

Na organización do evento, o Concello conta coa colaboración do fotógrafo local Tomás Morado. Ao remate da Quedada, os fotógrafos poderán aportar dúas das imaxes da xornada e, de entre todas elas, o Concello elixirá os mellores traballos para configurar unha exposición na Casa das Palmeiras que Turismo fará coinci-dir en datas próximas á Festa do Pan, no mes de setembro.

18 de abril de 2013 | 17:46 • Sen comentarios

Comentarios pechados.