Máis de 300 usuarios dos centros socioculturais compartirán unha tarde lúdica e festiva

PUBLICADO EN: Noticias de Galicia ► Local ► Santiago de Compostela ▼
A-
A+

A Concellería de Centros Socioculturais organiza unha xornada festiva no Centro Xuvenil Don Bosco para todos os usuarios que participaron nas campañas de Nadal e Entroido. Será este sábado, 6 de abril, entre as 17:00 e as 20:00 horas.

Un nutrido grupo de usuarios e usuarias dos centros socioculturais, tanto nenos como adultos, obtiveron recentemente diversos premios. É o caso dos que participaron nas festas de Nadal co Belén Colectivo ou dos integrantes das comparsas Os Superheroes e Seres Mitolóxicos, que concursaron no desfile do martes de Antroido.

Coa finalidade de celebrar e compartir cunha tarde festiva estes logros comunitarios, a Concellaría de Centros Socioculturais organiza o sábado 6 de abril, nas instalacións do Centro Xuvenil Don Bosco, unha tarde  con xogos e actividades deportivas á que están convidados todos os participantes, acompañados polos monitores responsables dos centros.

Entre as 17:00 e as 20:00 horas, os participantes poderán gozar de variadas actividades lúdicas: xogos populares, rocódromo, cucaña, tiro con arco (para nenos e para adultos), ping pong, ludotecas…

Está confirmada xa a asistencia de máis 300 persoas. Todos aqueles que participaron nestas actividades e que aínda non confirmaron a súa asistencia a esta xornada teñen de prazo para facelo ata a mañá do mesmo sábado nos centros socioculturais onde participaron.

4 de abril de 2013 | 17:05 • Sen comentarios

Comentarios pechados.