Máis de 200 persoas participan na excursión ás Illas Cies

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalNigrán
A-
A+
Barco cos excursionistas

Barco cos excursionistas

O Concello de Nigrán organizou hoxe unha excursión ás Illas Cíes, na que participaron máis de 200 persoas, entre un centenar de xubilados e pensionistas, e 120 alumnos, profesores e titores do CEIP de Panxón e do St. Cathaline, de Manchester, que desde fai cinco días están a gozar dun intercambio cos nenos e familias do colexio local, e coñecendo en primeira persoa as praias, natureza, cultura e gastronomía propias de Nigrán e das Rías Baixas.

Tras partir rumbo ás illas ás 10.00 horas desde o porto de Panxón, os participantes na excursión gozaron dunha ruta que os levou até o emblemático faro. Tras o regreso, gozaron dun xantar a bordo do barco, xusto antes de zarpar rumbo ao porto de Panxón, punto de chegada da variada comitiva.

26 de abril de 2013 | 16:48 • Sen comentarios

Comentarios pechados.