Luisa Cid reúnese cos traballadores do comité de Empresa de Caja España e Caja Douro

Instante da reunión
A Tenente de Alcalde de Emprego e Empresa, Luisa Cid, reuniuse esta tarde con representantes do Comité de Empresa de Caixa España e Caixa Douro, entidade que se encontra sometida dende hai semanas a un Expediente de Regulación de Emprego (ERE) que afectará ás 30 oficinas que existen distribuídas en toda Galicia e a 131 traballadores. Tanto o presidente do comité, Luis Herrero, como o secretario, Antonio Domenech, explicaron a Luisa Cid a súa preocupación porque a entidade chegue a reducir a catro as oficinas de Galicia, deixando só unha por cada capital de provincia.
Luisa Cid, en nome do Goberno local, púxose a disposición dos traballadores e mostrou o seu interese polas propostas formuladas polo comité, o cal entende que deberían de estudarse outras opcións por parte da entidade. O Tenente de Alcalde de Emprego e Empresa deixou claro ante o comité que o emprego é a prioridade deste goberno municipal, como así o demostra cada día cada un dos seus membros.











