Luisa Cid acode ao mercado de Monte Alto dentro da rolda de visitas ás prazas de abastos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaLocal
A-
A+
Cid conversando cunha dependenta

Cid conversando cunha dependenta

A tenente de alcalde de Emprego e Empresa, Luisa Cid, visitou o mercado municipal de Monte Alto co fin de manter un contacto directo cos pracervos, escoitando suxestións, atendendo demandas e intercambiando opinións.

A cita de Monte Alto enmárcase dentro dunha rolda de visitas que Cid está a realizar por todas a prazas de abastos da cidade co obxecto de coñecer de primeira man o día a día dos mercados e consensuar as diferentes accións que, dende a Concellaría de Emprego e Empresa, se poñen en marcha para mellorar a súa calidade. O Goberno local reitera a súa aposta polos mercados municipais, non só como dinamizadores da súa área de influencia senón como escaparate da extraordinaria calidade dos produtos galegos.

4 de abril de 2013 | 16:33 • Sen comentarios

Comentarios pechados.