López Varela recibe ao presidente e ao secretario da Asociación Galega de Autocaravanas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA LarachaLocal
A-
A+
Reunión entre rexedor e AGA

Reunión entre rexedor e AGA

José Manuel López Varela e José Ramón Martínez Barbeito –alcalde e primeiro tenente alcalde- recibiron esta mañá no despacho da Alcaldía do Concello da Laracha a Jorge Ferreiro e Francisco Pena, presidente e o secretario, respectivamente, da Asociación Galega de Autocaravanas (AGA).

O rexedor municipal trasladoulles aos responsables de AGA a posibilidade de que o Concello da Laracha acondicione no termo municipal áreas de servizo públicas para autocaravanas, que unicamente requiren  da colocación de sinalización e paneis informativos, instalación de tomas de auga potable e adaptación de arquetas da rede de sumidoiros para baleirado dos tanques de auga dos vehículos.

Actualmente non existen este tipo de instalacións na comarca de Bergantiños. O Concello da Laracha plantéxase creala para ofrecer un novo servizo a turistas e visitantes nun municipio que, pola súa situación estratéxica, é a principal vía de entrada á Costa da Morte desde A Coruña.

8 de abril de 2013 | 16:51 • Sen comentarios

Comentarios pechados.