Local de ensaio Eurocidade: actividades de creación e mostra musical
No marco do proxecto EUROCIDADE II, aprobado ao abeiro do Programa de Cooperación Transfronteiriza Galicia-Norte de Portugal 2007-2013 (POCTEP), no que son socios a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado da Xunta de Galicia, o Instituto Português do Desporto e Juventude, o Concello de Verín e a Câmara Municipal de Chaves, está previsto durante os meses de maio e xuño levar á cabo unha programación para potenciar a creatividade musical.
A oficina da Eurocidade Chaves-Verín conta con un local de ensaio para que todos aqueles mozos e mozas da zona afeccionados a música, poidan ensaiar, de xeito individual ou en grupo. Preténdese que o local de ensaio sexa un punto de encontro da actividade musical da Eurocidade e zonas limítrofes.
Para facilitar que a mocidade galega e portuguesa afeccionados e semiprofesionais no eido musical poidan tocar conxuntamente e presentarse ante o público e intercambiar as súas experiencias, a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado da Consellería de Traballo e Benestar durante os meses de maio e xuño ten previsto levar a cabo as seguintes actividades:
1. APP-music, taller de aplicacións móbiles para espazos musicais. Ten por finalidade aprender a crear unha aplicación para o móbil. Desenvolverase en tres sesións: 4 (Os móbiles e a música), 11(Unha aplicación para o Local de Ensaio Chaves-Verín) e 25 de maio (A app do noso espazo!). Os tres obradoiros terán lugar de 18 a 20 horas (horario local) e a data límite para inscribirse neles é o 1 de maio de 2013. É necesario asistir ás tres sesións para poder obter o certificado de asistencia (inscrición deixando o nome, apelidos, enderezo electrónico e teléfono de contacto -o aforo máximo é de 15 persoas-).
2. A mostra musical do local de ensaio Chaves-Verín e os creadores, que ten por finalidade facilitar a oportunidade de tocar en público a amosar as súas creacións. Esta actividade realizárase o sábado día 1 de xuño ás 19 horas (horario local). Só hai que solicitar a participación por enderezo electrónico a info@ensaiochavesverin.eu deixar o nome, apelidos, nome do grupo ao que se pertence, mail e teléfono de contacto. As solicitudes recibidas pasarán por un proceso de selección, xa que só poderán participar catro grupos (a data límite para inscribirse é o 25 de maio de 2013)











