publicidade hoxe

“Ler conta moito”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalO Pereiro de Aguiar
A-
A+
Sesión de "Ler conta moito"

Sesión de “Ler conta moito”

Nos meses de abril, maio e xuño na Biblioteca Pública celebraranse 3 actuacións enmarcadas no programa “Ler conta moito” da Secretaría Xeral de Cultura en colaboración co Concello, que teñen como obxectivo achegar os libros e a lectura aos máis cativos.

O pasado 23 de abril, co motivo da celebración do día do libro, tivemos a primeira actuación na que contamos coa compañía SeisDedos que nos trouxo o seu espectáculo de marionetas Varietés co que tanto cativos como maiores, pasaron unha hora moi divertida.

As seguintes actuacións serán:

Xoves 16 de maio ás 17.30h, espectáculo para bebés de 0 a 3 anos: ENTRE ARROLOS E CONTIÑOS

Venres 28 de xuño ás 12:00h, espectáculo para todos os públicos: CONTOS PARA TODOS.

As dúas actuacións terán lugar na Biblioteca Municipal.

30 de abril de 2013 | 13:05 • Sen comentarios

Comentarios pechados.