José Sacristán representa o sábado 20 “Yo soy don Quijote de la Mancha” no Jofre de Ferrol
O actor José Sacristán subirá o vindeiro sábado, día 20, ao escenario do Teatro Jofre para representar a obra teatral “Yo soy Don Quijote de la Mancha” baixo a dirección de Luis Bermejo . A función dará comezo ás 20:30 horas e enmárcase dentro da programación da Concellería de Cultura do Concello de Ferrol, dirixida por Manuel Reyes García Hurtado, para esta primavera .
A obra foi estreada en xullo de 2012 no Festival de Almagro. O papel de Don Quijote está interpretado polo prestixioso actor José Sacristán flanqueado polo seu inseparable Sancho -Fernando Soto- e a filla deste, Sanchica -Almudena ramos-, todos acompañados no escenario do violonchelista José Luis López. Xuntos recrean, a través dunha nova versión asinada polo dramaturgo José Ramón Fernández, algunhas das famosas aventuras e desventuras do famoso fidalgo escritas por Miguel de Cervantes, aínda que, en palabras do seu director, Luis Bermejo, a obra é unha nova aventura destes tres personaxes.
“Don Quixote é unha parte de todos nós. É un membro da nosa familia ao que recordamos, ao que temos presente, ao que todos miran con piedade e tratan cunha especie de doce agarimo. Forma parte do mellor de nós, da nosa parte boa. José Sacristán ten tamén un buratiño na nosa memoria sentimental, nos nosos recordos, dende algúns máis afastados ata algúns moi, moi recentes. Pídenos que lle axudemos a buscar a bondade. Que lle axudemos a ser Don Quixote” cree dramaturgo José Ramón Fernández.
Venda de entradas
A día de hoxe, faltando catro días, xa se venderon máis de 200 entradas. As mesmas, pódense adquirir a través de internet, na páxina web oficial do Concello de Ferrol: www.ferrol.es (apartado Axenda Cultural); ou no propio despacho do teatro municipal, en horario de 11:00 a 13:00 e de 18:00 a 20:00 horas de martes a venres e o sábado de 11:00 a 13:00 e de 18:00 a 20:30 horas.











