publicidade hoxe

IX Xornadas Interxeracionais Rurais de Cabreiros “Aprendendo cos nosos maiores” en Xermade

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioLocalXermade
A-
A+

Como cada ano, a Universidade de Santiago, o Concello de Xermade e a Asociación de veciños de Cabreiros organizan as Xornadas Interxeracionais Rurais, que van xa pola súa novena edición.

Estas xornadas constitúen un espazo de reflexión e debate para as persoas maiores do municipio de Xermade. Están dirixidas fundamentalmente ás persoas maiores, ofrecéndolles charlas, presentacións de ofertas de programas, visitas e festas culturais.

Pero tamén teñen un carácter interxeracional, para que mocidade e persoas maiores poidan traballar conxuntamente, xa que un dos grandes desexos e legados dos nosos maiores é que sexan escoitados e podernos transmitir todo o que aprenderon durante a súa vida.

A asistencia é gratuíta, e recoñecida con un crédito de libre configuración para todas as titulacións da Universidade de Santiago.

Será os días 25 de maio e 1 e 8 de xuño de 2013 na Casa Escola de Cabreiros (Xermade).

Para coñecer o programa pincha aquí.

26 de abril de 2013 | 12:13 • Sen comentarios

Comentarios pechados.