Integración dos dous clubes de Xubilados de Porto do Son

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalPorto do Son
A-
A+

Dende fai tempo o actual equipo de goberno do Concello de Porto do Son, ven declarando a súa intención de integrar aos dous clubes de Xubilados que coexisten na vila.

Con este marcado obxectivo comezaron as obras na antigua lonxa para acondicionar un local que poida acoller a ámbolos dous clubes.

Trátase polo tanto dunha actuación en planta baixa, que suprime todas as barreiras arquitectónicas  para conseguir a accesibilidade de todos os nosos maiores e que contará cun amplo espacio de cafetería e sala de baile.

Ademáis o novo espacio encontrase nunha zona privilexiada no Porto da Vila con unha magníficas vistas ao mar.

Estas últimas semanas tiveron lugar varias reunións entre as directivas de ambos clubes e o concello para consensuar a creación dun só clube para o Concello de Porto do Son.

Ademáis, co traslado do clube de xubilados “Virxe do Mar” á nova ubicación na antigua lonxa, quedarían libres as instalacións nas que o Concello levará a cabo a construcción da Gardería Municipal.

15 de abril de 2013 | 16:26 • Sen comentarios

Comentarios pechados.