Inspección técnica de vehículos agrícolas o 2 de maio en Vilardematos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalTomiño
A-
A+

Unha unidade móbil de inspección técnica, desprazarase ata Vilardematos (Tomiño) o vindeiro 2 de maio, para realizar a revisión periódica de vehículos agrícolas.

As inspeccións realizaranse en horario de 0.00 a 13.30 horas e de 15.15 a 18.00 horas. Para solicitar cita previa, chamar ao número de teléfono 881.920.981, ou a través da páxina web www.sycity.com no apartado de cita previa. A admisión de vehículos con características particulares estará condicionada á posibilidade de realizar as operacións de inspección regulamentarias.

Por outra banda, os días 28, 29 e 30 de maio, no mesmo horario, terán lugar as inspeccións técnicas periódicas de vehículos lixeiros (turismos).

24 de abril de 2013 | 16:17 • Sen comentarios

Comentarios pechados.