Inaugurado o Curso de Formación en Coaching Laboral organizado por Xuventude

PUBLICADO EN: Noticias de Galicia ► Local ► Santiago de Compostela ▼
A-
A+
A concelleira con asistentes ao curso

A concelleira con asistentes ao curso

A Casa das Asociacións de Cornes acolle os días 16, 18 e 23 un Curso de Formación en Coaching Laboral, organizado pola Concellería de Xuventude. A súa titular, Rebeca Domínguez, inaugurou as sesións. Neste curso, cunha duración de 12 horas, participan de balde mozos e mozas a partir de 18 anos. Esta actividade complementarse coas I Xornadas de Emprendemento e Promoción do Emprego “Os xoves emprende”, organizadas polo Concello e Junior Empresa de Santiago (Jemsa). Celebraranse os xoves 25 de abril, 16 e 23 de maio e 13 e 20 de xuño, de 17:00 a 20:30 horas, no Centro Sociocultural e Xuvenil Municipal do Ensanche.

16 de abril de 2013 | 17:37 • Sen comentarios

Comentarios pechados.