Vigo acolle a inauguración da exposición “Fermín Penzol. Unha obra para un país”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioLocalVigo
A-
A+

25042013-20A Fundación Penzol, con sede na Casa Galega da Cultura (Praza da Princesa, 1), inaugura este venres día 26 de abril, ás 12,30h, na súa sala de exposicións da planta baixa, a exposición “Fermín Penzol. Unha obra para un país”, concebida como unha conmemoración, unha homenaxe de lembranza comunitaria a este grande mecenas galeguista. A exposición permanecerá aberta ao público ata o 26 de maio.

25 de abril de 2013 | 17:10 • Sen comentarios

Comentarios pechados.