publicidade hoxe

II Xornadas de Antigüidades da Eurorrexión en Sarria

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioLocalSarria
A-
A+

01042013-3As II Xornadas de Antigüidades da Eurorrexión terán lugar o vindeiro 4 de abril no Concello de Sarria. Durante a xornada contaranse con varias ponencias e coloquios a cargo de figuras relevantes do sector. Inclúe no seu programa:

16:00h. Terá lugar a recepción oficial seguida da benvida e presentación a cargo do alcalde do Concello de Sarria D. José Antonio García López e da Concelleira de Turismo e Coordinadora do centro, Dna. María Ana de Jesús Fernández Castro.

A primeira ponencia “Tradición e Antigüidades” terá lugar ás 16:30h., a cargo de D. Xaime Félix López Arias.

Ás 17:15h. terá lugar a segunda ponencia “Sargadelos e os Anticuarios de Galicia” a cargo de D. Juan Olives Orrit, Secretario da Asociación de Anticuarios de Galicia.

A terceira ponencia “As Tendenzas do arte nos séculos XIX-XX e a súa influenza no ámbito do anticuario” terá lugar ás 18:30h. a cargo de Dna. Balbina Pérez Martull. Licenciada en Historia, Arte e Xeografía.

A sesión rematará ás 19:15h cun coloquio cos participantes.

II Feira de Antigüidades

Tras as xornadas, o Concello celebrará a II Feira de Antigüidades durante a fin de semana, do 6 ao 7 de abril con distintos obradoiros e diversas exposicións de bonecos de trapo ou tallas de madeira, entre outros, así como un concerto de instrumentos musicais históricos.

1 de abril de 2013 | 10:43 • Sen comentarios

Comentarios pechados.