II Concurso de Marcapáxinas no Concello de Baiona
A Biblioteca Pública Municipal de Baiona, con motivo da celebración do Día do Libro o próximo 23 de abril, convoca o II Concurso de Marcapáxinas.
Bases
1. Participantes
Poderán participar todos os nenos de entre 7 e 14 anos.
2. Tema
O tema debe estar relacionado co mundo do libro, a literatura, a lectura ou a biblioteca.
3. Categorías
Establécense dúas categorías:
. Categoría I: 7 a 9 anos.
. Categoría II: de 10 a 14 anos.
4. Presentación do deseño
Cada participante poderá presentar un só traballo, en papel, utilizando calquera tipo de materiais e texturas. A obra debe ser propia, inédita e non premiada en ningún outro concurso. Valorarase a calidade dos debuxos, a imaxinación e a orixinalidade.
Os traballos presentaranse nun sobre pechado. No exterior do sobre indicarase II Concurso de Marcapáxinas e categoría na que participa.
No interior, acompañando ao marcapáxinas e en folla á parte, incluiranse os seguintes datos do autor: nome, dirección, teléfono e idade.
5. Prazo e lugar de entrega
A recepción de orixinais estará aberta dende o martes 2 de abril ata o mércores 17 de abril de 2012.
Os marcadores presentados a concurso entregaranse na Biblioteca Pública Municipal de Baiona, sita na Rúa Santa Liberata.
6. Resolución
O fallo farase público o día 22 de abril de 2013, na Biblioteca Pública Municipal de Baiona e na súa páxina de Facebook.
O xurado resérvase a posibilidade de declarar calquera dos premios deserto.
A decisión do xurado calificador será inapelable.
7. Premios
O xurado outorgará 3 premios en cada categoría, correspondendo aos terceiros e segundos un lote de libros. Aos primeiros un lote de libros e unha cámara fotográfica dixital Nikon.
O marcapáxinas premiado co primeiro premio de cada categoría, estamparase para a súa difusión.
Cos traballos presentados ao Concurso realizarase unha exposición nas dependencias da Biblioteca Pública Municipal de Baiona.
O acto de entrega de premios terá lugar na Biblioteca Pública de Baiona o 23 de abril.
8. Consultas
As consultas poderanse resolver na propia Biblioteca ou chamando ao teléfono 986.35.68.78.
A participación neste concurso implica o coñecemento e aceptación de todas as condicións contidas nestas bases.
9. Dereitos de propiedade intelectual e industrial
Os traballos premiados pasarán a ser propiedade da Biblioteca Pública Municipal de Baiona, formando parte do seu patrimonio e reservándose todos os dereitos sobre estes, incluídos os de exposición, reprodución e edición.
Os concursantes responsabilízanse totalmente de que non hai dereitos de terceiros sobre os deseños presentados e responden ante calquera reclamación que poida xurdir por dereitos alegados por terceiros.











