II Concurso de Escaparates de Primavera do Concello de Fene

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFeneLocal
A-
A+

O Concello de Fene coa finalidade de promover e dinamizar a actividade do comercio, organiza e convoca o II CONCURSO DE ESCAPARATES DE PRIMAVERA 2013 que terá lugar dende o día 22 ao 26 de abril de 2013.

Poderán participar aqueles comerciantes que desenvolvan a súa actividade no termo municipal de Fene.

Todos aqueles clientes que realicen unha compra dende o día 22 ao 25 de abril en tres  dos establecementos participantes poderán cubrir unha papeleta para votar polo mellor escaparate.

Os clientes votarán dende o día 22 ao 25 de abril.

Un xurado profesional visitará os escaparates coa fin de avalialos dende os días 22 a 26 de abril.

Período de inscrición:

Do día 15 ao 18 de abril (ambos incluídos)

Lugar de inscrición:

Rexistro Xeral do Concello. De 9.30 a 13:30 horas

Premios:

– Para o escaparate gañador seleccionado por un xurado profesional:

Diploma, trofeo, publicidade no stand que o concello terá no II Salón de Comercio Fenés e Oportunidades o día 27 de abril en San Valentín.

– Para o escaparate gañador seleccionado por votación popular:

Diploma, trofeo, publicidade no stand que o concello terá no II Salón de Comercio Fenés e Oportunidades o día 27 de abril en San Valentín, e unha estancia en hotel con encanto para dúas persoas (unha noite con aloxamento e almorzo)

– Para os clientes que realicen compra en tres locais participantes:

Sorteo de 2 vales de 20 euros para consumir en establecementos adheridos á Asociación de comercio Hostalería e servizos de Fene O Cruceiro.

Entrega de premios

– 27/abril/2013 ás 13:30 horas no stand do concello de Fene no II Salón de comercio Fenés e Oportunidade que terá lugar en San Valentín.

16 de abril de 2013 | 17:10 • Sen comentarios

Comentarios pechados.